Bolsas para a formación de mocidade en internacionalización empresarial

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo convoca bolsas para a formación de mocidade en internacionalización empresarial:

As axudas instrumentalizaranse en dúas fases:
1. Fase 0: ” Master”. ICEX asumirá os custos do Máster oficial, excepto o prezo público, que se abonará directamente polo alumno ou alumna. ICEX concederá ademais unha dotación de 500 euros por beneficiario ou beneficiaria para afrontar os gastos de transportes e manutención durante o período do Máster oficial. A axuda poderá elevarse a 2.000 euros nos casos de empadroamento distinto á Comunidad de Madrid desde polo menos 3 anos antes da data de publicación desta convocatoria.
2. Fase I: “Prácticas en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior”. As dotacións brutas individuais anuais dependerán da Oficina de destino, abarcando desde 21.300 euros ata 42.800 euros.
3. Fase II: “Prácticas en empresas, entidades ou organismos internacionais”. Para o cálculo das contías individualizadas utilizarase o mesmo procedemento establecido para a Fase I.

Requisitos:
– Posuír a nacionalidade dun estado membro da Unión Europea.
– Nacer a partir do 1 de xaneiro de 1995.
– Ter unha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario. Imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos.
– Acreditar posuír coñecemento avanzado de inglés (mínimo B2 do MCERL).

prazo de presentación de solicitudes será do 6 ao 30 de marzo de 2023.
Máis información no BOE do 27 de febreiro de 2022
www.icex.es/becas