A Universidade da Coruña (UDC) e o Banco Santander convocan 9 bolsas do Programa de bolsas Santander Progreso para a realización de estudos oficiais de grao ou máster na UDC, destinadas ao alumnado matriculado a tempo completo no curso académico 2022/23.
O obxectivo do Programa é facilitar o acceso á educación superior aos estudantes cos mellores expedientes académicos de calquera curso de grao ou máster
que recibisen unha bolsa de carácter xeral do Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso académico 2021/22.
Prazo: 11 de outubro de 2022
https://www.udc.gal/gl/novas/Convocatoria-Bolsas-Santander-Progreso-2022-23/