Bolsas para formación práctica na Área de Estudos e Investigación, Axencia Galega de Turismo
Información
Convocatoria de dúas bolsas para a formación práctica especializada na Área de Estudos e Investigación da Axencia Galega de Turismo, para a realización de investigación, tratamento e análise de datos en materia turística, coa seguinte distribución:
-Unha bolsa relacionada co campo da ciencia de datos.
-Unha bolsa relacionada co ámbito da comunicación de datos turísticos.
As prácticas tuteladas destas bolsas realizaranse na sede da zona, nas oficinas da Axencia de Turismo de Galicia (Ctra. Santiago-Noia, km 3 – 15897 Santiago de Compostela).
As bolsas teñen como obxectivo favorecer a mellora profesional dos bolseiros mediante a realización de prácticas formativas relacionadas co tratamento e análise de datos en materia turística con suxeición ás indicacións do titor que será adscrito ao inicio das súas prácticas.
O programa formativo desenvolverase ao longo dos anos 2023, 2024 e 2025 cunha duración máxima de 24 meses desde a data de incorporación dos bolseiros, que será previsiblemente o 1 de abril de 2023.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Convocatoria
Axencia de Turismo de Galicia
Requisitos
Poderán solicitar as bolsas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
Nacionalidade: ter a nacionalidade española ou ser nacional dalgún Estado membro da Unión Europea.
Titulación: estar en posesión, antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, dunha titulación superior (calquera).
Idiomas: todos os aspirantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel Celga 4, grao superior ou equivalente.
Dotación
A dotación económica de cada unha das bolsas será a indicada na convocatoria.
Más información:https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230208/AnuncioG0256-17