Bolsas para máster de Iberdrola

O Programa Internacional de Bolsas Iberdrola oferta 35 bolsas internacionais coas que quere formar profesionais do máis alto nivel en ámbitos estratéxicos para o sector. Céntrase máis na rama de enxeñería, redes intelixentes, renovables, sustentabilidade, enerxía e medio ambiente, tecnoloxías da información, big data, ciberseguridad, etc. 8 bolsas son para estudar en España, Reino Unido ou Estados Unidos, 12 bolsas para estudar en Reino Unido e 15 Bolsas para estudar en México.

Vai dirixida a alumnos de último ano de carreira ou recentemente graduados de España, Reino Unido e México cuxos estudos estean dirixidos cara ás carreiras profesionais citadas anteriormente.

Prazo: 31 de marzo de 2021

Consulta aquí as bolsas dispoñibles