Bolsas PepsiCo en apoio a mulleres emprendedoras no medio rural

A Fundación PepsiCo e FADEMUR convocan a 2ª edición de 10 bolsas PepsiCo en apoio a mulleres emprendedoras participantes no programa Ruraltivity no medio rural.

O obxectivo é fomentar o emprendemento de mulleres en contornas rurais, apoiando e impulsando os seus proxectos de forma económica. Desta maneira contribúese a frear a desigualdade por razón de xénero presente na contorna rural, sendo ademais un foco imprescindible para evitar o despoboamento dos municipios rurais de España, impulsando proxectos que se desenvolvan nestas áreas, así como a substitución xeracional que necesita.

Para participar na convocatoria presentaranse os proxectos a través dun formulario web: Formulario de inscrición

prazo de inscrición está aberto ata o 15 de abril de 2023 ás 23:54

Requisitos dos proxectos
Creados e liderados por mulleres emprendedoras.
Deberán estar dentro da Plataforma Ruraltivity,. Se aínda non estás rexistrada podes facelo antes de solicitar a bolsa.
En fase de negocio, operando con anterioridade ao comezo da convocatoria.
Vinculados ao sector agroalimentario e á economía circular.
Desenvolvidos en áreas do medio rural de toda a península de Illas Canarias e Baleares.

Dotación
10 bolsas por importe de 5.000 euros cada unha.

Máis información en: www.ruraltivity.com