Bolsas Santander IE Tech4Law

Banco Santander, a través de Santander Universidades e Fundación IE, pertencente a IE University, lanza un centenar de bolsas online, das que se poderán beneficiar mozas de nove países (Arxentina, Brasil, Chile, EEUU, España. México, Polonia, Portugal e Reino Unido), cuxo obxectivo é fomentar e desenvolver as súas habilidades dixitais e os seus coñecementos sobre legal tech para mellorar a súa empregabilidade.

Os cen candidatos seleccionados poderán realizar o curso online de alto impacto Tech4Law, cunha duración de cinco semanas. O programa é 100% virtual e impartirase exclusivamente en inglés, coa supervisión académica de IE Law School de IE University, centro especializado en formación xurídica recoñecida a nivel internacional.

Dirixido a Graduados, Posgraduados, Pregraduados

+Info: TECH4LAW