Bolsas Santander Online English Courses 2023 – British Council

O Banco Santander e o British Council ofrecen 5000 bolsas de cursos de inglés en liña. Os cursos teñen unha duración de 16 semanas e inclúen 12 clases en liña titorizadas. O obxectivo é mellorar o acceso a un mercado laboral global e as oportunidades na túa contorna profesional. Para gozar desta oportunidade non é necesario ter título universitario nin ser cliente de Banco Santander. Hai cinco niveles de cursos, desde principiante (A1) a avanzado (C1) que inclúen formación para:
Comunicar ben nunha variedade de contornas profesionais: reunións, charlas ou presentacións
Pedir traballo e prepararte para a entrevista
Desenvolver a túa gramática e vocabulario de fronte á contorna laboral-profesional
Relacionarte con outros profesionais de distintos campos e países
Unha vez seleccionados, os candidatos deberán facer un test de nivel para ofrecerlles o curso máis adecuado ao seu nivel. Os cursos proporciónanse na plataforma do British Council de formación de inglés en liña.

O curso comeza a semana do 8 de xaneiro e termina o 29 de abril de 2024. O programa é completamente gratuíto para os solicitantes. Cada candidato recibirá un curso de niveis entre A1 a C1 (non se ofrece nivel C2) no que se inclúen:
48 horas de formación en liña por nivel
12 horas de clases grupais síncronas en liña cun profesor do British Council. Hai multitude de horarios dispoñibles, os alumnos mesmo poden cambiar de horario cada semana para axustarse ás súas necesidades.

Requisitos
Ser residente de Arxentina, Alemaña, Chile, Brasil, México, España, Portugal, Polonia, Reino Unido, Estados Unidos ou Uruguai.
Ser maior de 18 anos no momento da solicitude. Non é necesario ser cliente actual ou futuro do Banco Santander
Solicitar a bolsa a través do portal bolsas-santander.com antes do peche da convocatoria
Facer os dous tests de habilidades e competencias.
Inglés (Básico)

O prazo de inscrición estará aberto ata o 13 de decembro de 2023.

Máis información
https://app.becas-santander.com/