Bolsas Santander Tech

Banco Santander e Ironhack Group INC Sucursal en España ofrecen un programa de formación en desenvolvemento web dirixido a aqueles estudantes, desempregados e profesionais que desexen comezar ou reorientar a súa carreira na contorna da economía dixital.

O proceso de selección está estruturado en 2 etapas:

Etapa Pre-work. Curso inicial de Programación en liña: na que se concederán 300 bolsas para a realización dun curso de introdución á Programación. Destas bolsas, 150 Bolsas serán para o curso impartido en idioma inglés, e as restantes para o curso impartido en idioma español. O Curso constará de 60 horas e permitirá aos participantes coñecer os fundamentos de programación, as ferramentas, tecnoloxías e prácticas utilizadas no ámbito empresarial para minimizar o tempo de integración en diversas contornas de traballo.

Etapa Bootcamp Web Development Full Stack en liña: na que se concederán 50 Bolsas. Destas bolsas, 25 Bolsas serán para o Bootcamp Web Development Full Stack impartido en idioma inglés, que se asignarán aos 25 mellores participantes cualificados do curso impartido en inglés.
As restantes Bolsas serán para o Bootcamp impartido en idioma español, que se asignarán aos 25 mellores participantes cualificados do curso impartido en español. O Bootcamp desenvolverase online e terá unha duración de seis meses (entre o 9 de xuño 3 e o 15 de decembro de 2021, ambas as datas incluídas) e será impartido tanto en idioma español como inglés.

prazo para solicitar as bolsas esará aberrto ata o 25 de marzo de 2021

https://www.becas-santander.com/es/program/tech-digital-reskilling-ironhack#publicSupport