Bolsas Santander Tecnoloxía Dixital Experience IBM

Banco Santander e IBM puxeron en marcha o programa “Bolsas Santander Tecnoloxía Dixital Experience IBM” dotado con 1.000 bolsas co obxectivo de mellorar a empregabilidade das persoas que necesiten incorporarse ao mercado laboral ou realizar un cambio de traxectoria.

As persoas beneficiarias terán a oportunidade de recibir formación para mellorar as súas capacidades dixitais e formarse en tecnoloxías como a intelixencia artificial ou a ciberseguridade.

Requisitos: Estudantes, profesionais e calquera persoa interesada, maiores de idade e residentes en España.

Prazo: 23 de maio de 2021

https://www.becas-santander.com/es/program/becas-santander-tecnologia-digital-experience-ibm