Bolsas Talentum Telefónica 2022

A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Talentum Telefónica 2022.

O obxectivo é ofrecer unha formación práctica nunha contorna de innovación e emprendemento nas empresas pertencentes ao Grupo Telefónica e nas empresas ou institucións que se adhiran ao Programa.

O programa está destinado a persoas mozas tituladas universitarias ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar; ou tituladas de grao superior ou medio de formación profesional.

Dentro do programa existen distintas modalidades de bolsas dentro das cales os bolseiros poderán desenvolver a súa formación práctica:
– BAU: a persoa en formación práctica participará no equipo dunha empresa ou institución adherida ao programa.
– LAB: a persoa en formación práctica participará, co apoio dun mentor ou mentora expertos na disciplina, nun ou varios proxectos dentro dos equipos da empresa ou institución que lle sexa asignada.

período formativo tendra unha duración de entre un mínimo de tres e un máximo de doce meses.

O horario no que as persoas beneficiarias das bolsas desenvolverán a súa formación práctica acomodarase ás posibilidades da empresa ou institución na que reciban a citada formación; esta poderá ter unha duración de 25 horas semanais ou de 35 horas semanais dependendo das características da bolsa que teñan asignada.

Os bolseiros poderán adquirir a súa formación práctica en España ou no estranxeiro, en calquera das empresas ou institucións adheridas ao Programa, baixo a tutela de Telefónica, recibindo a formación establecida, que contará coa aprobación da Fundación SEPI.

Aberta á recepción de solicitudes ata o 30 de novembro de 2022.

Requisitos xerais:
– Nacer con posterioridade ao 31 de decembro de 1992.
– Nivel medio ou alto de inglés.
– Concluír, no momento da súa inscrición no programa, os estudos necesarios para a obtención dun título oficial universitario ou de grao medio ou superior de formación profesional recoñecidos polo Estado español ou, noutro caso, homologados polo Ministerio de Educación e Formación Profesional. Poderán tamén presentar a súa candidatura e optar ás bolsas, as persoas estudantes universitarias que teñan, no momento da súa inscrición, como máximo, 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
– Estar disposto a fixar a residencia no lugar onde lle sexa adxudicada a bolsa.
– Non ser beneficiario ou beneficiaria dalgún programa de bolsas da Fundación SEPI, nin renunciar a algunha bolsa outorgada por esta institución durante o período formativo.

Dotación
– Período de formación práctica en calquera das empresas e institucións adheridas ao Programa, baixo a tutela de Telefónica, de conformidade co plan formativo da súa bolsa.
– Sesións lectivas incluídas no Programa relacionadas coa súa práctica formativa.
– Asignación económica durante todo o período formativo.

https://www.fundacionsepi.es/becas/talentum-fsepi.asp