Bono Cultura

Si tes máis de 18 anos poderás solicitar o teu Bono Cultura co que obterás descontos do 50% nas túas compras.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios dos establecementos adheridos ao programa.

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de 50 euros por usuario para as compras nos establecementos adheridos.

O importe do bono irase reducindo, ata o seu esgotamento, en función do valor da compra, de acordo co seguinte criterio:

– Desconto do 50 % da compra realizada ata un máximo de desconto de 50 €.

Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 1 de novembro de 2021 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2021.