Bono das persoas autónomas

Subvención do bono das persoas autónomas

1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade a subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

• Investigación de mercado.

• Plan de márketing

• Plan de comunicación do negocio.

• Plan estratéxico do negocio.

• Plan crecemento: constitución sociedade.

• Plan de reorientación do negocio.

• Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.

• Plan de refinanciamento.

Tamén se poderán subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na súa convocatoria para o exercicio de 2020 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

• Compra de Maquinaria.

• Compra de utillaxe e ferramentas.

• Reforma do local do negocio.

• Equipos informáticos.

• Rótulos.

• Aplicacións informáticas e páxinas web.

• Creación logotipo do negocio.

• Mobiliario.

+Info: SEDE ELECTRÓNICA