Bono Turismo

O día 4 de xullo de 2024 ás 9:00 horas ábrese o prazo para descargar ata dous bonos por persoa beneficiaria. Para beneficiarte do Bono Turismo tes que ser maior de idade e residir en Galicia e para usalo deberás empregar unha aplicación wallet no teu móbil. Unha vez realizado a túa achega de cofinanciamento poderás descargar o teu bono e usalo tantas veces como desexes nos establecementos adheridos e identificados nesta web ata consumir a cantidade do teu bono (150€). Tes ata ao 25 de decembro de 2024 para empregalo.