Bono turístico #QuedamosenGalicia21

Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia21. Este bono turístico consistirá dunha tarxeta prepagamento para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico #QuedamosenGalicia21 e que se atopan publicadas na web da Axencia Turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia2 (código de procedemento TU985D).

Poderán ser beneficiarias deste Bono turístico #QuedamosenGalicia21 as persoas físicas maiores de idade, que estean empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA