A Xunta de Galicia continúa co Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono social)
Prazo de solicitude: segunda convocatoria aberta ata o 15 de decembro de 2023.
Proceso de solicitude: as persoas interesadas poden acudir ao traballador social do seu concello e este axudaralles coa presentación da solicitude.
Estará dispoñible tamén a presentación por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos. Formulario AP400A
Destinatarias: as axudas están dirixidas a persoas que non conten con conexión fixa de 30Mbps ou máis no fogar e que sexan ademais beneficiarias de prestacións públicas da renda de inclusión social de Galicia (Risga) ou do ingreso mínimo vital (IMV) do Goberno de España ou cuxa renda anual (per capita) sexa inferior ao 125% do IPREM en caso de non ter menores ou 175% en caso de telos.
Características do bono: os bonos enviaranse por correo postal ás persoas beneficiarias, consistirán nun código alfanumérico que se deberá facilitar a un dos operadores colaboradores para contratar ou mellorar a conexión á banda larga fixa cunha velocidade mínima de 30Mbps, cunha minoración de ata 20 euros na factura mensual durante un período de ata 12 meses cun máximo de 240 euros.
No DOG do 7 de novembro publícase a ampliación de prazo ata o 15 de decembro para presentar solicitudes.