Búscanse poetas! XIII Premio de Poesía Nova

RTVE, coa colaboración da Fundación Montemadrid, convoca o XIII Premio de Poesía Nova RNE-Fundación Montemadrid para autores que non teñan máis de 30 anos na data de peche da convocatoria.

As obras, de tema libre, deberán contar cun mínimo de 500 versos. Presentaranse obrigatoriamente en formato escrito en papel e dixital:

– En formato escrito en papel, grampadas ou encadernadas debidamente, por duplicado, en DIN-A4, escritas a máquina ou en computador a dobre espazo e por unha soa cara. Na portada deberá constar o nome da obra e o pseudónimo. Enviaranse nun sobre pechado á dirección:

Programa ‘La estación azul’ Radio Nacional de España
Avda. da Radio e Televisión nº 4
Prado del Rey 28223
Pozuelo de Alarcón
Madrid

– En formato dixital (pdf), co título da obra e o pseudónimo, e sen ningún tipo de dato persoal, antes das 24 horas do 1 de xuño de 2021 e á seguinte dirección: concursopoesia.rnemontemadrid@rtve.es

Prazo: A convocatoria está aberta ata o día 1 de xuño de 2021.

Requisitos
Poderán participar os escritores de nacionalidade española ou hispanoamericana que non teñan máis de 30 anos na data de peche da convocatoria, cunha ou máis obras orixinais e inéditas en castelán, que non fosen premiadas anteriormente noutros concursos.

Dotación
A obra premiada será editada e distribuída pola editorial Pre-Textos. O gañador terá dereito a recibir 25 exemplares da súa obra.

Máis información:
https://www.rtve.es/television/20210331/xiii-premio-poesia-joven-rne-fundacion-montemadrid/2083202.shtml