Calendario escolar 2021/22

A Consellería de Educación publica no DOG do 4 de xuño o calendario escolar para o curso 2021/22

Cando se realizarán as actividades lectivas?
1. En educación infantil, educación primaria e educación especial desde o día 9 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive.
2. En educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, desde o día 15 de setembro de 2021 ao 22 de xuño de 2022, ambos inclusive. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU). Terán a consideración de días lectivos os dedicados á impartición efectiva de clases e aqueles que se dediquen á realización das probas e avaliacións finais das convocatorias ordinaria e extraordinaria.
3. Nas ensinanzas de réxime especial, as actividades lectivas realizaranse entre os días 15 de setembro de 2021 e 30 de xuño de 2022, de acordo cos calendarios de probas de acceso e probas de certificación establecidos para cada unha delas.

Vacacións escolares
Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2021/22 serán os seguintes:
– Nadal: desde o día 22 de decembro de 2021 ata o día 7 de xaneiro de 2022, ambos inclusive.
– Entroido: os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo de 2022.
– Semana Santa: desde o día 11 ata o día 18 de abril de 2022, ambos inclusive.

Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:
– 20 de novembro de 2021: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2021: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2020: conmemoración da Constitución e do Estatuto de autonomía de Galicia.
– 3 de decembro de 2021: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– 10 de decembro de 2021: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2022: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2022: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 24 de febreiro de 2022: Día de Rosalía de Castro.
– 8 de marzo de 2022: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2022: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 7 ao 11 de marzo de 2022: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 7 de abril de 2022: Día Mundial da Saúde.
– Entre o 18 e o 22 de abril de 2022: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2022: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2022: Día de Europa.
– Do 16 ao 20 de maio de 2022: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2022: Día Mundial do Medio Ambiente.

DOG do 4 de xuño de 2021