Cambios na convocatoria de bolsas de estudos para o curso 2022-2023

As bolsas de estudos para o curso 2022-2023 veñen con importantes cambios.

O prazo para solicitala abrirase este mes de marzo e MOI IMPORTANTE!! pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

Para que estudos podes solicitar unha bolsa? Podes solicitar unha bolsa se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis:

Bacharelato
Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
Formación Profesional de grao medio e de grao superior
Ensinos artísticos: profesionais e superiores
Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
Ensinos deportivos
Estudos relixiosos superiores
Formación Profesional de Grao Básico
Universidade: grao e máster

Tes dereito a unha bolsa? O límite (limiar) de renda que se ten en conta para concederche unha bolsa depende do número de membros computables da túa unidade familiar

CUADRO UMBRAL

BOLSAS PARA FP, BACHARELATO E OUTROS ESTUDOS NON UNIVERISTARIOS

Canto diñeiro podes recibir para a túa bolsa? A bolsa é a suma de distintos compoñentes. Para calcular canto che corresponde, debes ter en conta que a bolsa consta dunha cantidade de diñeiro fixa e dunha cantidade de diñeiro variable.

Se a túa renda familiar está no limiar 1 ou é inferior
  En función da renda 1.700 €
  Se necesitas cambiar de residencia durante o curso 1.600 €
  Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis) 50 € – 125 €
  Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.

Se a túa renda familiar está no limiar 2
  Bolsa básica: 300 €. (En F. P. de Grao Básico, 350 €)
  Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
  Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis): 50 € – 125 €
  Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.

Se a túa renda familiar está no limiar 3
  Bolsa básica: 300 €. (En F. P. de Grao Básico, 350 €)
  Se obtiveches notas excelentes(un 8 ou máis): 50 € – 125 €

En calquera caso, a contía variable será de 60 € (a mínima) se solicitas bolsa para algún destes estudos:
  Idiomas na Escola Oficial de Idiomas
  Formación Profesional de Grao Básico
  Acceso á universidade maiores de 25 anos

Cantidade variable: Unha vez asignadas as bolsas de contía fixa a todas as persoas que a solicitaron e que cumpren os requisitos, repartirase o importe que sobrou do orzamento total. Isto farase mediante unha fórmula matemática de repartición que pondera, é dicir, que mide, a nota media do teu expediente e a túa renda per cápita familiar.

Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

UNIVERSIDADE: GRAO OU MÁSTER

Podes solicitar unha bolsa se te matriculaches ou te vas a matricular para o curso 2022-2023 nalgún dos seguintes niveis:

Curso de acceso á universidade para maiores de 25 anos (impartido por universidades públicas)
Ensinos universitarios para títulos de grao e de máster. Tamén están incluídos:
– estudos de grao e máster en centros universitarios da Defensa e da Garda Civil,
– créditos complementarios ou complementos de formación para acceder ou obter o título de máster ou grao.

Canto diñeiro podes recibir para a túa bolsa?  Para calcular canto che corresponde, debes ter en conta que a bolsa consta dunha cantidade de diñeiro fixa e dunha cantidade de diñeiro variable.

Se a túa renda familiar está no limiar 1 ou é inferior:
  Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
  En función da renda: 1.700 €
  Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
  Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € – 125 €
  Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.

Se a túa renda familiar está no limiar 2 ou é inferior:
  Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
  En función da renda: 1.600 €
  Se necesitas cambiar de residencia durante o curso: 1.600 €
  Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € – 125 €
  Contía variable: Calcúlase en función da renda da túa unidade familiar e da nota media que obtiveches o curso pasado.

Se a túa renda familiar está no limiar 3 ou é inferior:
  Bolsa de matrícula: Compensada á universidade
  Se obtiveches notas excelentes (un 8 ou máis): 50 € – 125 €

Cantidade variable: Unha vez asignadas as bolsas de contía fixa a todas as persoas que a solicitaron e que cumpren os requisitos, repartirase o importe que sobrou do orzamento total. Isto farase mediante unha fórmula matemática de repartición que pondera, é dicir, que mide, a nota media do teu expediente e a túa renda per cápita familiar.

Como solicitar a bolsa?

Paso 1. Entra na sede electrónica
Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Paso 2. Rexístrate
Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal:

Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que te volvas a rexistrar.
Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.
Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:
– con Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou
– mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que che rexistraches na sede electrónica.

Paso 3. Enche o formulario
Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non se che pedirá que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

Importante!: Pide a bolsa sempre dentro do prazo aínda que aínda non se abrira o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou mesmo non saibas se vas estudar ou non.

Tes dúbidas?

Vídeo explicativo

Preguntas frecuentes

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html