Camiño a Camiño de Primavera

Entre maio e xuño están previstos paseos interpretativos polos sendeiros locais, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo. Os percorridos durarán entre 2 horas e media e 3 horas, habendo dous niveis de dificultade en función do perfil das persoas participantes. Durante o percorrido terase ocasión de coñecer a riqueza natural do cinto verde que rodea á cidade de Vigo, así como os parques forestais, os miradoiros e diversos espazos etnoarqueolóxicos.

Ao finalizar o paseo, en cada parque forestal, terá lugar unha actuación musical de grupos en colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

No programa que se achega (PREMER para descargar) atópase o detalle das actividades previstas e dos lugares de convocatoria (a convocatoria terá lugar directamente nos parques forestais sinalados). 

O primeiro paseo terá lugar no sendeiro local de Candeán (domingo 9 de maio, pola mañá), sendo a convocatoria no Parque Forestal do Vixiador. 
Dende o luns 3 de maio xa se pode facer a inscrición no 010 (986 81 02 60), sendo 100 as prazas dispoñibles por ruta.
O día do paseo, as persoas inscritas previamente no 010, personaranse no lugar de convocatoria ás 9:30, para ás 9:45 iniciar o percorrido. No descritor de cada paseo, que se publicará neste blog dende o luns previo ao mesmo, indicarase a xeolocalización do citado lugar de convocatoria