Camiño a Camiño – Senda Panorámica de Vigo_Etapa 3

O vindeiro domingo, 10 de outubro, cuarta e última etapa da Senda Panorámica de Vigo (GR-53), entre  o Parque Forestal do Monte dos Pozos e Saiáns, pasando polos montes de Coruxo, Oia e Saiáns.  Este percorrido interpretativo enmárcase na programación de Outono’21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo. 

Nesta ultima etapa a distancia vai ser de 8,8km, de fácil circulación e cunha única ruta. Compararemos a transición duns montes queimados como os de Valladares e Coruxo e un montes maduros e en proceso de consolidación como os de Oia e Saiáns. 

Seguiremos con protocolos covid-19, se ben xa retomaremos os traslados en autobús dende a Praza do Rei para así poder realizar rutas lineais.

Andaina polos montes de Oia en 2020

INSCRICIÓN (100 prazas)

– Dende luns 4 outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Actividade gratuíta.

– ATENCIÓN: é unha ruta de dificultade baixa e de fácil adaptación a todo tipo de participantes.- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

Vistas de Vigo e os montes de Coruxo (á esquerda) no seu tránsito polo GR-53 dende Beade

SENDA PANORÁMICA DE VIGO. ETAPA 3. P.F. BEADE– P.F. MONTE DOS POZOS

✔ Domingo 10 outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 13:00 (aprox)

🏃 Percorrido principal: 8,8 km, pendente media 6,1%, dificultade baixa 

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo e bastóns