Camiño a Camiño – Serras a carón de Vigo_Etapa 1: Serra do Suído

O vindeiro domingo, 17 de outubro, dentro da programación de Outono’21 de Camiño a Camiño, promovida pola Concellería de Medioambiente de Vigo, arrancamos a serie de etapas “Serras a carón de Vigo”. A primeira destas etapas realizarase na Serra do Suído.

A andaina vai ser de 10,6km, de dificultade media-alta e cunha única ruta (ver Características técnicas). Comprenderemos como se orixinou xeolóxicamente a Serra e visitaremos un dos seus atractivos: o foxo do lobo de Campo. 

Como sempre a inscrición realízase a través do 010 (986810260 dende móbil) e, unha vez se dispoña de praza, realizarase o pago do desprazamento (ver Inscrición e Pago)

Andaina polo GR-53

INSCRICIÓN E PAGO (100 prazas)

– INSCRICIÓN: Dende luns 11 outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Achega 3 euros (menores de 12 anos: 50%)

– PAGO: 

   a) A través da sede electrónica do Concello de Vigo (PULSAR AQUI). Pódese consultar a guía de funcionamento AQUI. Pódese realizar dende o luns 11 de outubro.

   b) Solicitando a carta de pagamento na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello) de 9:00 a 13:30. Nesta etapa, como coincide con ponte, terá que ser dende o mércores 13 de outubro. Logo abonarase a achega na oficina de Abanca da lonxa do Concello.- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

SERRA DO SUÍDO (Características técnicas)

✔ Domingo 17 outubro

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. Hora finalización 15:30/16:00 (aprox)

🏃 Percorrido: 10,6 km; altura mín/max: 512m / 967m; pendente media 5,9% / -8,5%; pendente máxima 17,2% / -23,3%; incremento/perda de elevación: 269m/-552m; dificultade media-alta

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo, bastóns, gorra, roupa de abrigo e cortaventos, comida e auga para 5-6 horas.