Camiño a Camiño – Serras a carón de Vigo_Etapa 3: Serra do Galleiro

A terceira etapa da serie de percorridos interpretativos “Serras a carón de Vigo”, dentro da programación de Outono’21 de Camiño a Camiño (Concellería de Medioambiente de Vigo), terá lugar pola Serra do Galleiro.

A andaina vai ser de 10 km, de dificultade alta e cunha única ruta (ver Características técnicas). Contemplaremos, se o tempo acompaña, a bisbarra de Vigo e as particularidades desa serra na que houbo asentamentos dende moi tempranas épocas.

Como sempre a inscrición realízase a través do 010 (986810260 dende móbil) e, unha vez se dispoña de praza, realizarase o pago do desprazamento (ver Inscrición e Pago)

Atención, lembrade que na próxima fin de semana cambia a hora e, esta vez, retrásase unha hora. 

Andaina pola Serra da Groba na fin de semana pasada

INSCRICIÓN E PAGO (100 prazas)

– INSCRICIÓN: Dende luns 25 de outubro, no 010 (986 81 02 60 dende o móbil). Empadroados: de luns a mércores, de 8:00 a 20:00. Non empadroados: xoves previo á actividade. Achega 3 euros (menores de 12 anos: 50%)

– PAGO: 

   a) A través da sede electrónica do Concello de Vigo (PULSAR AQUI). Pódese consultar a guía de funcionamento AQUI. Pódese realizar dende o luns 25 de outubro.

   b) Solicitando a carta de pagamento na Concellería de Medio Ambiente (2º andar do Concello) de 9:00 a 13:30. Logo abonarase a achega na oficina de Abanca da lonxa do Concello.- No caso de non poder asistir unha vez inscrito/a, hase de comunicar en info@caminoacaminovigo.org ou no teléfono 662 23 10 23 para así convocar á lista de agarda.

SERRA DO GALLEIRO (Características técnicas)

✔ Domingo 31 outubro 

🏁 Punto de Encontro: Praza do Rei (marquesina de autobús)

👀 Hora de rexistro de entrada: 8:30. Hora de saída: 9:00. (atención co cambio da hora). Hora finalización 14:30 (aprox)

🏃 Percorrido: 10 km; altura mín/max: 261m / 735m; pendente media 6,9% / -9,0%; pendente máxima 17,8% / -18,8%; incremento/perda de elevación: 321m/-546m; dificultade alta

👉 Recomendacións: calzado de sendeirismo, bastóns, gorra, roupa de abrigo e cortaventos, comida e auga para 4 horas.