CAMPAMENTOS URBANOS DE NADAL

A Concellería de Xuventude do Concello de Vigo convoca os campamentos urbanos de Nadal 2019.
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o día 8 de decembro.

Actividades: obradoiros, xogos e actividades de animación relacionadas co nadal.

Anos de nacemento: 2007 – 2015.

Lugares: Pavillón do Berbés, Pavillón de Bouzas e Pavillón de Navia (50 prazas en cada sede).

Datas: Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2019 e os días 2 e 3 de xaneiro de 2020.

Prezo: Gratuítos.

+Información e inscricións: CAMPAMENTOS DE NADAL