Campus Crea: coñece o Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo presentou o catálogo de servizos do Campus Crea, un espazo web que aglutina información tanto das instalacións e servizos do campus de Pontevedra, como da súa oferta formativa e do labor investigador que nel se desenvolve. Trátase dunha ferramenta web que articula á súa vez a información dun xeito diferente segundo catro perfís de acceso, os do estudantado, persoal docente e investigador, empresas e público xeral.