Certame de banda deseñada AXI

O IES Arcebispo Xelmírez I e a Secretaría Xeral de Política Lingüística convocan a décima edición do certame de banda deseñada AXI.

A través deste concurso, aberto á participación de estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e ciclos formativos de toda a comunidade autónoma galega, procuran o fomento do noso idioma e da creatividade entre o alumnado de Galiza a través da banda deseñada.

Poderá participar todo o colectivo de estudantes de ensino secundario de Galiza, en dúas categorías diferenciadas por idades
– Alumnado de 12 a 15 anos, ambos incluídos.
– Alumnado de 16 anos en diante.

O tema será de libre elección.

Cada participante presentará un único traballo, en lingua galega, cuxa extensión non será inferior a dúas páxinas de tamaño Din A4, nin superior a dez. Será decisión dos autores ou das autoras a técnica a empregar e a presenza ou non da cor nas obras.

As obras poderán ser individuais ou colectivas, se ben a concesión e contía dos premios para cada unha das categorías non variará en función dese factor.

prazo de presentación estará abaerto ata o 30 de xuño de 2022.

Presentación dos traballos
Os ou as participantes no certame deberán enviar os seus proxectos a través do centro educativo no que es tean matriculados, indicando claramente en que categoría concursan.

Se optan polo correo electrónico, deberán enviar os traballos, a través do centro educativo, ao enderezo certameax1@gmail.com , en formato PDF, cun peso máximo de arquivo de 10MB.

Nos cómics non pode figurar o nome real dos ou das participantes , senón que se presentarán baixo pseudónimo. A información persoal dos e das concursantes debe incluírse e noutro arquivo anexo ao mesmo correo, co nome do pseudónimo elixido; nel deben figurar o nome e apelidos, a idade, o DNI e, de novo, a categoría na que se participa e o nome e enderezo do centro no que estean matriculados.

Se o envío fose a través de correo postal, o traballo mandarase nun so bre pechado no que figure o título da obra e o pseudónimo elixido polo autor ou autora e a categoría na que concursa; dentro, noutro sobre tamén pechado, incluiranse os datos persoais indicados anteriormente (nome e apelidos, a idade, o DNI, categoría na q ue se participa e o nome e enderezo do centro no que estean matriculados).

Premios:
1º premio: 500 €
2º premio: 200 €

http://www.xelmirez.com/docs/Bases_AX1_2022.pdf 

Aquí podes ver “As perlas do Camiño” de Cristina Gancedo Prieto, alumna de 2º Bac do IES Lucus Augusti  que no ano académico 2018/19, resultou gañadora do 1º Premio na categoría de 16 anos en adiante no Certame de Banda Deseñada AX1