Certame de Cómics de Cangas

Xuventude Cangas organiza o 19 Certame de Cómic.

O Certame de Cómic está dirixido a novos artistas non profesionais de ata 35 anos, nas seguintes categorías:

Categoría A: de 18 a 35 años
Categoría B: de 14 a 17 años
Viñeta Xove: menores de 14 años
Viñeta Xoubiña: menores de 10 anos

Premios:
Categoría A: 500 €
Categoría B: 200 €
Viñeta Xove: Vale de 100 € para canxear na libraría Wells
Viñeta Xoubiña: Vale de 100 € para canxear en Quenlla Cómics

Os traballos serán orixinais con textos en galego, de creación propia e inéditos, non podendo ser premiados en ningún outro certame ou concurso. Tema e técnica libre (cor ou branco e negro) en formato DIN A-4 (210 mm x 297 mm). A extensión será de 4 páxinas para as categorías A e B, e de 2 a 4 páxinas para o Premio Viñeta Xove.

Deste certame derívase a publicación da revista Ou CÓMIC, na que se publican todos os cómics gañadores desde o 1º ata o 10º certame.

Os teraballos enviaranse antes do 30 de xuño de 2022 na Casa Da Xuventude de Cangas na Rúa Real 29. 36940 Cangas. Pontevedra ou no correo xuventude@cangas.gal

https://es-es.facebook.com/xuventude.cangas/