Certame de vídeos en redes sociais

A Cátedra Vida Saudable da Universidade de Santiago lanza un certame de vídeos en redes sociais.

A primeira edición do Premio ao Vídeo TikTok, Instagram ou Youtube Cátedra Institucional Vida Saudable diríxese a todo o estudantado que estea matriculado en calquera titulación de grao, mestrado universitario ou doutoramento das tres universidades públicas galegas.

Cada estudante poderá concorrer ao certame cun único vídeo no que deberá presentar a elaboración dun prato saudable, ben sexa un primeiro, un segundo ou unha sobremesa. O vídeo deberá publicarse en, polo menos, unha das seguintes plataformas: TikTok, Instagram ou Youtube (vídeo tradicional ou modalidade Youtube Shorts) co cancelo #catedravidasaudableUSC

Con este certame, preténdese fomentar a difusión, o coñecemento e a práctica dun estilo de vida saudable.
As solicitudes presentaranse a través do rexistro electrónico da USC mediante o procedemento ‘solicitude xenérica’ e dirixiranse á Vicerreitoría de Transformación Dixital e Innovación indicando no asunto ‘I Premio ao Vídeo TikTok, Instagram ou Youtube Cátedra Institucional Vida Saudable’

Premios: outorgaranse dous premios de 200 e 150 euros en cada unha das tres categorías: primeiro prato, segundo e sobremesa.

O prazo de presentación dos vídeos estará aberto ata o 2 de abril de 2024.
Todas as consultas relativas ao premio poden trasladarse a través do enderezo electrónico catedra.vidasaudable@usc.gal

Máis información