Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2020 pola que se convocan probas de
avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de
competencias dixitais en ofimática.

O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e os criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións
profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE núm.
109, do 7 de maio).

  1. A rede CeMIT publicou na súa plataforma de teleformación (http://cemit.xunta.gal/ema)
    os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de «Autoformación» como material de apoio para a preparación destas probas:
    • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
    • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
    • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
    • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
    • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

+Info: DIARIO OFICIAL DE GALICIA