Certificados de lingua galega Celga 2, 3 e 4

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4.

Persoas destinatarias:
As persoas maiores de 16 anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

Datas: As probas terán lugar no meses de novembro e/ou decembro de 2021.

Lugares: As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Os formularios de solicitude estarán dispoñibles en https://sede.xunta.gal co código PL500C
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 4 de outubro de 2021
Máis información no DOG do 13 de setembro de 2021 e en www.lingua.gal 

Materais para prepar as probas: https://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga