Concurso da exposición sobre Luísa Villalta

A Xunta de Galicia convoca un concurso entre os centros de ensino non universitario  para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada en 2024 no Día das Letras Galegas e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Os obxectivos que se perseguen son potenciar o estudo da obra e da época da autora homenaxeada, propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica, fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas á dignificación e normalización da lingua galega, impulsar a realización de actividades que favorezan a colaboración entre os departamentos e a implicación activa do alumnado e do profesorado, difundir a figura homenaxeada entre a comunidade educativa, enriquecer a oferta de materiais didácticos existentes en lingua galega e promover a súa divulgación como referentes para outros centros.

Poderán presentarse a este concurso exposicións sobre a obra, época e lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas en 2024, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu. O eixe temático das exposicións será a obra e a época da autora, observadas desde unha perspectiva interdisciplinaria; o percorrido biográfico será só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.

Establécense dúas categorías de participación, segundo a etapa educativa:Categoría A: educación infantil e primaria.Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial.

RequisitosPoderán participar todos os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aos que se reire a base terceira desta convocatoria. Formarase un equipo de docentes integrado por un número máximo de 10 persoas e unha delas realizará as funcións de coordinación.

DotaciónConcederase un premio para cada categoría de participación.O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2.000 € e un diploma acreditativo.

prazo de presentación da solicitude e dos traballos estará aberto ata o día 19 de xaneiro de 2024.

Máis informaciónhttps://www.lingua.gal