Concurso de contos para mocidade

O Concello de Pontedeume convoca o XXXIV concurso de contos Vila de Pontedeume

Poderán participar estudantes de 3º e 4º da ESO, Bacharelato, Ciclos de Formación Profesional Básica e Ciclos de Formación de Grao Medio ou Superior, cuxa idade non supere os 20 anos.

Cada participante poderá presentar un só conto, escrito en lingua galega, que deberá ser orixinal, inédito e non publicado e premiado con anterioridade ou estea pendende de decisión dun xurado noutros concursos.
O conto presentarase en tamaño DIN A4, tipo de fonte Arial, corpo 12, a dobre espazo, por unha soa cara, paxinado e cunha extensión mínima de 6 páxinas e máxima de 8.

O prazo para presentar os contos estará aberto ata o 23 de abril de 2024

Pódense enviar a través de correo electrónico a correo@pontedeume.gal
O asunto da mensaxe do correo electrónico será CONCURSO DE CONTOS 2024 e deberanse achegar dous documentos:
– Un arquivo co título do conto que conterá a obra. En ningún caso poderá figurar o nome e apelidos do autor ou
autora.
– Un arquivo co título do conto co engadido DATOS, que conterá o título do conto e pseudónimo, o nome e apelidos do autor ou autora, a fotocopia do DNI, teléfono de contacto, enderezo, indicación do centro no que cursa estudos e estudos que está a cursar.

Haberá un único premio de 600 €

https://www.pontedeume.gal/evento/xxxiv-concurso-de-contos-vila-de-pontedeume