Concurso de fotografia en instagram de Galiciencia

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.

O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2024 baseándose na temática de referencia desta edición: Mellor, de madeira polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionados coa temática en cuestión.

– O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
– As fotografías presentaranse en branco e negro ou cor.
– Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
– Non se subirán imaxes de persoas que se poidan identificar.

Para participar no concurso é necesario:
1. Seguir o Instagram de Galiciencia.
2. Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia coa etiqueta #concursogalicienciaonline2024
3. Poñer un título á fotografía e o centro educativo ao que pertencen.
4. O prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 15 de abril do 2024.