Concurso de Humor Gráfico Curuxa do Humor

O Concello de FENE convoca a XXVIII edición do premio de humor gráfico Curuxa do Humor 2024

Categorías:
Categoría CURUXA, calquera persoa maior de 25 anos residente no Estado español.
Categoría CURUXA-NOVA, calquera persoa de 16 a 25 anos residente no Estado español. As persoas menores de 25 anos poderán participar na categoría xeral, CURUXA, extremo que implica a renuncia á categoría CURUXA-NOVA.
Categoría CARICATURA, calquera persoa maior de 16 anos residente no Estado español.
Os/as participantes poderán presentar un só debuxo.

Temática: As obras presentadas serán de temática libre. Humor gráfico nas súas modalidades de viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina) ou caricatura (no caso de debuxos presentados a esta categoría).

Características do debuxo:
As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade).
A dimensión máxima do debuxo será de 29,7×42 cm (A3).
Non se admitirán fotocopias nin gravados.

Lingua: Os traballos deberán estar redactados en galego ou en calquera das linguas oficiais do Estado aínda que, neste caso, o/a autor/a deberá achegar a tradución ao galego do texto do debuxo. Admítense traballos de humor mudo.

Prazo: O prazo para presentar debuxos estará aberto ata o día 31 de maio de 2024. Presentaranse na web www.fene.gal 

Premios:
Categoría CURUXA (maiores de 25 anos). Premio, dotado con 2.500 € e diploma
Categoría CURUXA-NOVA (de 16 a 25 anos). Premio, dotado con 1.000 € e diploma
Categoría CARICATURA (maiores de 16 anos). Premio, dotado con 1.500 € e diploma

Máis información no BOP da Coruña do 7 de febreiro de 2024 e en https://fene.gal/museo-do-humor/portada-museo-humor/es