Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2021

A Escola Galega de Administración Pública da Xunta de Galicia ven de convocar o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas 2021, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas, segundo estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos (código de procedemento PR775A).

Poderán optar aos premios os nenos e nenas galegos con idades comprendidas entre estas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos. A idade estará referida á data de finalización do prazo de presentación de traballos.

Requisitos
1. Os contos deberán redactarse en lingua galega e a súa temática será libre, á elección das persoas participantes. Os textos deberán ser presentados en folios A4, mecanografados por unha soa cara, a un espazo e medio, con formato de fonte Times New Roman, tamaño 12, e cunha extensión mínima dun folio e máxima de cinco.

2. Non poderán acceder a estes premios as persoas participantes cuxos representantes legais se atopen afectados por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os fillos e fillas de quen sexa integrante do xurado non poderán presentar textos a esta convocatoria.

4. Poderán presentarse contos premiados con anterioridade por todo tipo de organismos públicos ou privados, excepto no caso de contos que xa fosen premiados pola propia EGAP.

Prazo para presentar as solicitudes: do 24/12/2020 ao 25/01/2021.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Acceso á Sede Electrónica da Xunta de Galicia: PROCEDEMENTO PR775A

BASES REGULADORAS