Concurso de microrrelatos

A Asociación Puntogal e a Real Academia Galega organizan conxuntamente un concurso de microrrelatos que ten como obxectivo reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital.

Participación
Poderán concursar todas as persoas que o desexen.
As persoas menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor/a legal.

Sobre os textos/microrrelatos
– Os relatos deberán estar escritos en lingua galega
– Os relatos deben ser de autoría orixinal do participante que os presenta.
– O tema dos microrrelatos é libre.
– Cada participante poderá presentar un máximo de dous microrrelatos.
– As obras terán unha extensión máxima de 200 palabras (título incluído)

Os microrrelatos presentarase no sitio web https://relatos.gal/

O prazo para a presentación de textos estará aberto ata as 23:59 horas do domingo 28 de febreiro de 2025.

Categorías
Establécense tres categorías (terase en conta a idade con data do 28 de febreiro):
Infantil: ata 11 anos
Xuvenil: de 12 a 17 anos
Adultos/as: de 17 anos en adiante

Premios

Infantil
– Primeiro premio: un kindle a cor ou modelo similar e un lote de libros infantís.
– Segundo premio: un kindle ou modelo similar e un lote de libros infantís.
– Terceiro premio: un lote de libros infantís.
Xuvenil
– Primeiro premio: un kindle a cor ou modelo similar e un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
– Segundo premio: un kindle ou modelo similar, un lote de libros xuvenís e un dominio gratuíto .gal durante un ano.
– Terceiro premio: un lote de libros.
Persoas adultas
– Primeiro premio: un MacBook Air, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.
– Segundo premio: un kindle ou modelo similar, un lote de libros da Real Academia Galega, un dominio gratuíto .gal durante un ano e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.
– Terceiro premio: un lote de libros da Real Academia Galega e unha subscrición anual dixital á revista Luzes.

https://relatos.gal