Concurso de Redacción Xornalística de National Geographic

A revista National Geographic España e RBA Libros anuncian a segunda edición do Concurso de Redacción Xornalística en que mozas/os de entre 14 e 25 anos deberán escribir un editorial xornalístico expoñendo os retos aos que se enfronta o planeta e expondo solucións.

A temática deste terceiro concurso é “Somos o futuro”, toda unha declaración de empoderamento, de tomar as rendas sobre problemas como o cambio climático, o uso desmesurado dos recursos, a falta de reciclaxe, a perda de biodiversidade… e, por suposto, as solucións que moverán o desenvolvemento nos próximos anos. Os mozos sodes o futuro, como o imaxinades? Como vedes que a vosa xeración cambiará o planeta? Que inquietudes tedes sobre o mundo que vos rodea?…

Establécense tres categorías de participación:
– Explorador 1: mozos/as de 3º e 4º ESO
– Explorador 2: mozos/as de 1º e 2º de Bacharelato ou ciclo formativo grao medio.
– Explorador 3: mozos/as de 18 a 25 anos matriculados en universidades ou ciclos formativos de grao superior (ou que completasen un grao en universidade ou centro de estudos de grao superior no últimos tres anos).

O editorial presentado por cada estudante participante deberá ser un texto no que se analicen e expresen de maneira razoada algún ou algúns retos aos que se enfrontan os mozos na súa relación co planeta, e propóñanse solucións. Deberá ter obrigatoriamente un titular e un texto en lingua castelá, dunha extensión de entre 400 e 500 palabras. Deberá ser un texto argumentativo baseado en feitos e datos. As ideas e propostas expostas no editorial deberán basearse en datos fiables.

A participación será unicamente vía en liña, a través dun formulario no que os participantes deberán introducir os seus datos persoais, ata o día 29 de maio ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Premios
– O traballo gañador en cada categoría será publicado na edición impresa da revista National Geographic España entre os meses de agosto e decembro de 2022.
– Os gañadores/as dos tres mellores traballos de cada categoría recibirán unha subscrición gratuíta modalidade Plus durante un ano á revista National Geographic España (valorada en 89,90€) e un lote de libros de RBA Libros e Publicacións, S.L.U. (valorado en 100€)
– Os 15 mellores traballos de cada categoría, incluídos os tres gañadores, serán publicados na web da revista National Geographic España a partir do mes de xullo de 2022

https://www.nationalgeographic.com.es/pagina/bases-concurso-redaccion-periodistica-para-jovenes-somos-futuro.html