Radio Nacional de España convoca o 1º concurso nacional de podcast escolar
O concurso está impulsado a través do programa de RNE “La estación azul de los niños” e está destinado a colexios e institutos situados en territorio español. Unha idea que potencia o traballo en equipo, a creatividade e a comunicación dos alumnos. Tres valores importantísimos para o seu futuro.
Poden participar alumnado e profesorado de calquera CEIP, CEE ou IES Publico ou Concertado (Privado) de España.
A participación realízase mediante a presentación dun arquivo de audio (Podcast) que pode ter formato de programa, informativo, reportaxe, documental ou ficción sonora (contos, fábulas, recreacións históricas…) Pode ser real ou inventado, serio ou divertido; gravado en directo ou con postproducción, cunha duración máxima de 5 minutos e en castelán.
Cada centro pode presentar un Podcast por cada aula incluída en cada unha das categorías:
– Categoría 1: 1º, 2º e 3º de primaria
– Categoría 2: 4º, 5º e 6º de primaria
– Categoría 3: 1º, 2º e 3º de ESO
O día límite para a entrega dos Podcast á organización é o 30 de abril de 2021.
Os Podcast que se presenten ao concurso farano a través do CONCURSO NACIONAL DE PODCAST ESCOLAR en https://www.eloquenze.com/, onde se atoparán as instrucións para subir os audios e desta forma presentar o Podcast que compite no concurso.
Outorgarase un premio por categoría que consistirá en:
– A visita dun equipo de Radio Nacional de España ao colexio gañador en cada categoría para a gravación dun programa de radio de “La estación azul de los niños”.
– 1 ano de plataforma gratuíta en Eloquenze.com
– Un lote de produtos de RTVE.
https://www.rtve.es/radio/20210208/concurso-nacional-podcast-escolar-rne/2073163.shtml