Concursos de Clipmetraxes

Mans Unidas convoca dous concursos de Clipmetraxes, un dirixido a estudantes e outro a público en xeral.

CLIPMETRAXES CATEGORÍA ESCOLAS

Obxecto do concurso
Sensibilizar, formar, concienciar e xerar un compromiso nas persoas para a trasformación social e a defensa dos dereitos Humanos. Especificamente sensibilizar aos nenos/as e mocidade sobre os problemas que arrasan o noso mundo: a violación dos Dereitos Humanos e a dignidade da persoa, a fame, a pobreza, a inxustiza, as desigualdades, e as súas causas, e promover unha acción de cambio, a través dunha acción de educación para o desenvolvemento baseada na comunicación audiovisual.

Requisitos para participar
– O concurso vai dirixido a centros educativos nos niveis de PrimariaESO, Bacharelato e Ciclos Formativos (educación formal) así como a institucións, ámbitos e actividades de educación non formal.
– Os grupos participantes deberán contar cun profesor/a, monitor/a ou persoa maior de idade, como responsable da actividade e como persoa de contacto do Centro con Mans Unidas.
Pódense presentar cuantos grupos estean interesados por centro. Un mesmo profesor/a, monitor/a ou persoa maior de idade pode ser responsable de máis dun grupo.

Categorías:
Primaria (de 6 a 12 anos)
Secundaria (de 12 a 17 anos)

Requisitos dos Clipmetraxes:
Deberán ser orixinais e inéditos e non ser premiados con anterioridade en ningún outro concurso.
Poden ser de ficción, animación ou documental e deben versar sobre a temática da XIV edición do Festival de Clipmetraxes: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Auga.
Queremos reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e os alimentos.

prazo de envío de clips á categoría escolar estará aberto ata o día 16 de febreiro de 2023.


CLIPMETRAXES CATEGORÍA XERAL

Requisitos para participar
– Ser maior de idade.
– Poderanse presentar tantos clipmetraxes como se queiran.
– Os clipmetraxes preséntanse a título individual, poderán participar na realización dun clipmetraxes varias persoas, pero unicamente unha delas rexistrarase ao ser os premios individuais.

Requisitos dos Clipmetraxes
– Deberán ser orixinais e inéditos e non ser premiados con anterioridade en ningún outro concurso.
– Deberán presentarse en castelán ou subtitulados ao castelán.
– Poden ser de ficción, animación ou documental e deben versar sobre a temática da XIV edición do Festival de Clipmetrajes: Persoa tamén se escribe con A, de Alimentos e Auga.
A intención do cncurso é reflexionar sobre a repercusión que as nosas accións individuais, como un consumo máis responsable ou a loita contra o malgasto alimentario, teñen no acceso universal á auga e os alimentos.
Todos os clipmetraxes participantes deben incluír as cartelas de inicio e final do festival.
A duración máxima dos clipmetrajes é de 1 minuto e 10 segundos contando as cartelas.
Poderán ser gravados con calquera dispositivo: móbil, tableta, cámara de vídeo, cámara de fotos, etc.

Os clipmetraxes publícanse en Youtube, polo que deben enviarse nun formato compatible coa plataforma. Recomendamos o contedor MP4, utilizando un códec de vídeo H.264 e unha resolución en formato 16:9 de 1920×1080 ou superior. O códec de audio recomendado é o AAC-LC. Tamén se aceptan outros formatos compatibles con Youtube cunha resolución recomendada de 1280×720.
Non está permitido presentar ao concurso vídeos con contido racista, machista, violento ou pornográfico.

prazo de envío de clips á categoría xeral estará aberto ata o día 4 de maio de 2023.