Concuso de fotografía Galiciencia 2020

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de Galicia.

Temática
O certame organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2020 baseándose na temática de referencia desta edición: A innovación do futuro, polo que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorno relacionado coa temática en cuestión.

Condicións e formatos
– O número máximo de fotografías por persoa que se poderán presentar será de 3.
– As fotografías presentaranse en branco e negro ou color.
– As fotografías deberán ser orixinais e inéditas e non ter sido premiadas en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
– As fotografías poderán estar en formato jpg, tiff, cunha resolución mínima de 1772 x 1181 pixeles (bastará unha cámara de 2Mpx), esta é a resolución mínima para poder reproducir as fotos en formato 30x20cm. Sería preferible unha resolución maior.
– Poden facerse axustes na imaxe, con respecto a color, niveis e axustes e correccións. Non está permitido manipular a foto de maneira que se cambien obxectos ou elementos da imaxe, polo tanto non se permiten fotomontaxes.

Presentación das obras
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán subir as súas fotografías a través do apartado especialmente habilitado na páxina web da galiciencia cos seguintes datos: título/s da/s obra/s presentada/s, nome e apelidos do/a autor/a, teléfono de contacto, e-mail e nome do centro ao que pertencen.

prazo de presentación das fotografías estará aberto ata o 15 de marzo de 2020.

+Info: GALICIENCIA