Coñece a Ría a bordo do Buque Nautilus

TÓDALAS PRAZAS ESTÁN COMPLETAS.

O REXISTRO DE NOVOS/AS SOLICITANTES ESTÁ DESHABILITADO

ACCEDER AO PROGRAMA NAUTILUS

Actividade gratuíta destinada a público familiar a partires de 4 anos de idade na que a bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental o/as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de 1:30h de duración.

*Obrigatorio o uso de mascarilla.

*Esta actividade é exclusivamente para persoas empadroadas no Concello de Vigo. Comprobarase que as persoas participantes figuran empadroadas e darase de baixa automáticamente ás non empadroadas.

Descrición do percorrido a bordo.
  1. Iniciarase o percorrido diante do monumento a Julio Verne onde explicaremos a relación do escritor francés coa Ría de Vigo e a súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina.
  2. Tempo libre para gozar da navegación mentres cruzamos a ría ata o seguinte punto do percorrido.
  3. Ao seu paso polo polígono de bateas, descubrirán detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón, que poderán ver en directo grazas a unha inmersión do drone submarino, así como a fauna que habita no fondo deste ecosistema único.
  4. Tempo libre navegando entre as famosas bateas galegas.
  5. Do patrimonio subacuático ocúpase esta expedición nas inmediacións de punta Arroás, onde grazas ao sonda multihaz do barco localizaremos en directo pecios afundidos para que poidan sentirse arqueólogos/as por un día, e valéndonos unha vez máis do robot submarino contemplar e interpretar estes restos que descansan no fondo do mar.
  6. Aproveitando o nexo que ofrece a experiencia en arqueoloxía submarina, coñecerán a batalla de Rande de 1702 e os tesouros subacuáticos que fomentaron varias expedicinóns ao longo de tres séculos grazas ás explicación guiadas.
  7. Tempo libre mentres se regresa ao RCNV, fin do percorrido.

Punto de recepción e embarque:

O punto de encontró, embarque e desembarque realizarase no Real Club Náutico de Vigo, concretamente no monumento a Xulio Verne 30 minutos antes da hora sinalada para a viaxe.

Meteoroloxía:

No caso de que as condicións do estado da mar non permitan realizar unha saída concreta, avisarase
ás persoas participantes e proporase o cambio de data segundo dispoñibilidade. Comprometémonos
igualmente a informar da devandita cancelación coa maior antelación que a predición meteorolóxica
permita.

Inscricións:

1º Rexistro da persoa solicitante.

2º A persoa solicitante entra na Área Privada, rexistra ao resto de membros da unidade familiar e selecciona quendas. *A Persoa solicitante deberá inscribirse tamén como participante.

As prazas outorgaránse por orde de inscrición dende o VENRES 15 DE XULLO ÁS 10:00 HORAS.

O luns hábil inmediatamente anterior á saída do barco deberán retirar na Oficina de Turismo da Rúa López de Neira 27 o billete para o barco en horario de 10:00 a 17:00 horas mostrando o correo recibido cando se deu de alta como solicitante.

No caso de non retirarlo ese día entenderase que a persoa renuncia ás prazas solicitadas e procederase a chamar ás reservas no caso de habelas.

Quendas:

NAUTILUS 1 – 22 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 2 – 22 de xullo ás 12:00 h.
NAUTILUS 3 – 23 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 4 – 28 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 5 – 29 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 6 – 29 de xullo ás 12:00 h.
NAUTILUS 7 – 30 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 8 – 4 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 9 – 5 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 10 – 5 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 11 – 6 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 12 – 11 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 13 – 12 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 14 – 12 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 15 – 13 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 16 – 18 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 17 – 19 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 18 – 19 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 19 – 20 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 20 – 25 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 21 – 26 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 22 – 26 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 23 – 27 de agosto ás 10:00 h.