Conecta con Galicia, para á mocidade da Galicia exterior

A Xunta de Galicia convoca o programa Conecta con Galicia, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos seus familiares.

bcadro

Convócanse 60 prazas, para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos, en dúas quendas de 14 días de duración cada unha, durante o mes de xullo. Aloxaranse no albergue xuvenil Gandarío en Bergondo (A Coruña), dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social e Xuventude, para a realización dun programa dividido en dúas partes:

1ª. O mar de Galicia, en que realizarán actividades recreativas e deportivas relacionadas co mar, a náutica e o coñecemento do medio mariño, xunto con mozos e mozas residentes en Galicia.

2ª. Cultura e Camiño, en que participarán en actividades orientadas a coñecer o patrimonio histórico e cultural da zona do contorno, percorrerán algunha etapa do Camiño de Santiago e visitarán empresas punteiras de Galicia.

Requisitos das persoas participantes:

a) Ter a súa residencia habitual no exterior.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
c) Ter a nacionalidade española, agás para o caso dos netos ou netas de galegos.
d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).
e) As persoas participantes nas actividades deberán ter, o 30 de xuño de 2023, unha idade comprendida entre os 16 e os 17 anos.
f) Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
g) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
h) Condicións económicas:
– Para optar ás prazas con financiamento do 100 % da axuda da viaxe, o límite máximo dos ingresos persoais non poderá superar en dúas veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria.
– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar non dispoña de ingresos superiores a catro veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente de referencia no país de residencia para o ano desta convocatoria, deberán aboar 500 € se residen en América e 125 € se residen en Europa.
– As persoas solicitantes cuxa unidade familiar supere as ratios indicadas nos puntos anteriores deberán aboar 1.000 € se residen en América e 250 € se residen en Europa.

prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 5 de xuño de 2023
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR930A
Máis información no DOG do 21 de abril de 2023 e en http://emigracion.xunta.es   Ampliación de prazo publicada no DOG do 4 de maio de 2023