Corpo Europeo de Solidariedade e Corpo Europeo de Axuda Humanitaria Voluntaria

A Comisión lanzou a segunda convocatoria de propostas no marco do novo Corpo Europeo de Solidariedade 2021-2027. O Corpo Europeo de Solidariedade apoia á Mocidade que desexe participar en actividades de voluntariado nunha variedade de áreas que van desde axudar ás persoas necesitadas ata apoiar a acción sanitaria e ambiental, en toda a UE e fóra dela. O programa propón varias accións para promover diferentes tipos de voluntariado.

Como novidade, a convocatoria do Corpo Europeo de Solidariedade 2022 tamén incorpora o Corpo Europeo de Axuda Humanitaria Voluntaria. Os Equipos de Voluntariado en Áreas de Alta Prioridade continúan promovendo estilos de vida saudables, preservando o patrimonio cultural e dando efecto ao Ano Europeo da Mocidade 2022 .

Os prazos de convocatoria sitúanse entre o 23 de febreiro e o 4 de outubro de 2022, segundo o tipo de actividade.
https://europa.eu/youth/solidarity/organisations/calls-for-proposals_es