Curso “As castañas. O ciclo da invernía”

DÍAS: 19, 21, 26, 28, de outubro; 2, 4 de novembro de 2021
HORARIO: de 17:00 a 19:00
LUGAR: edificio Mar de Vigo, planta 5ª, aula 7 (entrada pola porta da UNED-Avda. Beiramar, 57) Ligazón a google maps
SAÍDA: haberá unha saída de campo O castiñeiro e o devalo do outono en Vigo o sábado 6 de novembro. Duración: aproximadamente 2 horas

INSCRICIÓN: A inscrición, de balde, realízase na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) cubrindo o formulario https://snl.vigo.org/inscricion (no título da actividade debe poñer: castañas)

DIRIXIDO: a maiores de 16 anos, persoas con coñecemento da lingua galega para perfeccionar o seu galego e achegarse ao noso patrimonio natural e cultural.

TEMÁTICA: os soutos, as súas funcións. As micorrizas. Variedades da castaña. Os traballos nos soutos. Construcións achegadas á terra. Antropoloxía arredor da castaña. Os magostos. Toponimia. Receitas con castañas. O castiñeiro, árbore caducifolia. A hibernación da castiñeiro. A tradición oral

DURACIÓN: 12 horasMáis sobre o programa Meu: coñecéndonos, descubríndonos