Curso de arte, cultura e historia

O Centro Galego de Arte Contemporáneo organiza o curso A construción da Modernidade: vangardas e posvangardas. Curso de arte, cultura e historia
Imparte: María Luisa Sobrino Manzanares
Horario: mércores de 19:00 a 21:00 h
Lugar: Auditorio do CGAC
Prazas: 100
Matrícula: 30€
Certificación: O CGAC expediralles un certificado a todas aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 70 % das sesións

Programa
12 de xaneiro. O panorama europeo no cambio de século. Os premodermos. Os primeiros retos da modernidade: Van Gogh, Gauguin, Cézanne. A sensibilidade nórdica: Edvard Munch
26 de xaneiro. A vangarda e o seu proxecto. A superación do impresionismo. Desde a espiritualidade dos simbolistas á influencia dos premodernos. A exaltación da cor: o fauvismo francés
9 de febreiro. A condición identitaria da arte alemá: Expressionismus. As súas persistencias e derivacións. De Die Brücke ás tendencias de posguerra
23 de febreiro. O desmantelamento do espazo. As señoritas de Avignon. O cubismo, o seu desenvolvemento e derivados. A invención da colaxe
9 de marzo. O futurismo. Marinetti e o mito do moderno. A muller como rémora do pasado. Manifestos e performance
23 de marzo. O neoplasticismo holandés. As artes plásticas en Alemaña: a Bauhaus. Artistas plásticos ligados á Bauhaus. Centroeuropa como foco irradiante de modernidade
6 de abril. O período de entreguerras: a reconstrución de Europa. As artes escénicas. O nacemento da abstracción en Rusia. O construtivismo. A presenza da muller na arte soviética. Programas e doutrinas
20 de abril. O dadaísmo: as novas actitudes ante a arte. A incidencia do dadaísmo na Europa de posguerra. Alemaña: intervencións, obxectos, fotomontaxes. Arte e crítica política
4 de maio. O movemento surrealista. Dos manifestos ás artes plásticas. Antecedentes: a pintura metafísica. As opcións surrealistas na arte. Os primeiros surrealistas: Miró. A imaxe como soporte: Dalí, Magritte. As pintoras surrealistas. Afinidades e desenvolvemento do surrealismo
18 de maio. Os anos vinte. A madurez dos revolucionarios: Picasso, Matisse. A “volta á orde” e a súa incidencia na pintura. A tendencia decó. A nova obxectividade e as súas persistencias futuras: Edward Hopper, Balthus
1 de xuño. A posta en cuestión do concepto de arte: Marcel Duchamp: Dos ready-made aos xogos lingüísticos, da opticalidade ao voyeurismo

O prazo de inscrición estará aberto ata o 17 de decembro de 2021. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.prensa@xunta.gal.
Nela deberán indicar o seu nome completo, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez aceptada a solicitude, informaranse as persoas inscritas sobre como realizar o pagamento.

https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/11