Curso de auga doce

Datas: 14, 19, 21, 26, 28 de outubro; 2, 4, 8, 9, 11 de novembro de 2021
Horario: de 17:00 a 19:00
Lugar: edificio Mar de Vigo, planta 5ª  aula 8 (entrada pola porta da UNED, Avda. de Beiramar, 57) Ligazón a google maps
Saída: ao remate do curso haberá unha saída de campo a un bosque de ribeira que se concretará durante as clases

Para inscribirse debe cubrir o formulario “inscricións” da páxina web snl.vigo.org (No título de actividade debe poñer: auga doce)

O curso dos ríos, vertebradores desde sempre do noso territorio e da nosa relación co espazo, empregados como fonte de recurso e incorporados ao noso patrimonio inmaterial na elaboración de lendas, mitos, léxico ou fraseoloxía, atesouran unha grande riqueza lingüística e cultural que é de todas e de todos, de aí a importancia de dala a coñecer e facilitar o acceso a ela.
Neste curso profundaremos no coñecemento dalgúns aspectos da lingua galega seguíndomos os cursos dos nosos ríos e regatos, e de todo canto medrou e medra ao longo das súas bacias e máis da historia que os acompaña, ese outro río.


Curso dirixido a persoas adultas coñecedoras da lingua galega para perfeccionar o seu galego e achegarse ao noso patrimonio natural e cultural.