Scolé Escola de Tempo Libre convoca un novo curso oficial de monitor/a de actividades de tempo libre no Concello do Porriño, cunha modalidade mixta que combina formación presencial e telemática.
Modalidade: Intensivo semipresencial (100h) e parte telemática a través de Campus Virtual (100h).
Datas: Do 15 de maio ao 7 de xuño de 2026.
Lugar: Centro Cultural Municipal – Concello do Porriño.
Horarios presenciais: * Venres: 16:00 a 21:00 h.
Sábados e domingos: 10:00 a 14:30 h e 15:30 a 21:00 h.
Formación a distancia: Inclúe contidos sobre pedagoxía, educación para a saúde e lexislación a través de Moodle, Google Meets e outras ferramentas dixitais.
Inscrición: Ata o 30 de abril mediante formulario en liña.
Prazas: 25 (con prioridade para persoas empadroadas no Porriño).
Prezo: * Empadroados/as no Porriño: 240 €.
Matrícula xeral: 245 €.
Requisitos: Título de ESO, Graduado Escolar ou equivalente.
Contacto: escoladetempolibre@avada.gal | www.avada.gal.
2026-04-14

