Curso de monitor/a de tempo libre en Vigo

Escola de tempo libre Xaruma organiza en Vigo un curso de Monitor/a de tempo libre

O curso consta de 350 horas divididas en 200 teórico prácticas presenciais, das que se pode faltar un 20% (40 horas), e 150 de prácticas en institucións ou campamentos de verán.

Ademais, este curso leva consigo o título de manipulador de alimentos, de 6 horas de duración (formación en liña).

Datas: 25 de Xuño – 31 de xullo

Horario:
De luns a venres de 9 a 15h. Puntualmente, sesión de 10h de 9 a 14h e tardes de 15 a 20 h.
O sábado 20 de xullo haberá sesión

Requisitos: maior de idade con graduado escolar ou equivalente.

Aportación: 270€ socios/as e voluntariado activo na entidade; 285 € tarifa ordinaria

Máis información:
Teléfono: 698 142 158
Correo: xarumaorg@gmail.com
Web: https://xaruma.org/mtl
Facebook: https://www.facebook.com/xaruma/
Instagram: https://www.instagram.com/asoc.xaruma