Curso de monitor/a tempo libre en Mos

Có título oficial de Monitor-a de Actividades de Tempo Libre formámonos sobre como dirixir grupos de persoas menores ou maiores e dinamizar, coidar, entreter e sobretodo educar mediante as nosas accións. 

É requisito imprescindible para traballar en campamentos, conciliacións, granxas escola, ludotecas, parques de aventuras, obradoiros, extraescolares, centros socioculturais, establecementos turísticos…

Trátase dun curso de 200 h. (neste caso combinando a formación presencial durante o intensivo coa telemática) cunha fase de prácticas de 150 h. a realizar unha vez rematada a parte teórica.

+Info: AVADA.GAL