Curso de monitores de tempo libre en xullo

Obxectivo: Formar persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude en tempo libre, ben sexa no medio urbano, ben sexa no medio natural.

Destinatarios: Xóvenes interesados na formación a través do tempo libre, membros de asociacións e colectivos, educadores en xeral.

Requisitos: * Ser maior de idade.* Graduado ESO

Datas (mes de XULLO):
FASE ON LINE: DO 6 AO 14, E O 25.

FASE PRESENCIAL: DO 15 AO 24, EN ACAMPADA.


Lugar: Oia

Día, hora e lugar de saída: O día de inicio da fase presencial, día 15, ás 10.30 horas, da Praza de España (Vigo).

Prezo: 375 euros (antes do 30 de maio)/ 410 (despois do 30 de maio)

Inclúe: alimentación; material comunitario, de actividades, documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo, ida e volta; seguemento das prácticas e asesoramento na elaboración da memoria, tramitación do título e certificados; seguro de R.C.).

Material Individual: Roupa cómoda, bañador, toallas, roupa de abrigo e de chuvia, útiles de aseo, saco de durmir e estera, lanterna, equipo propio de excursión e acampada (calzado de sendeirismo,

mochila, etc.).

INSCRICIÓN

Por teléfono: 606 321 636 (de luns a venres, de 9.30 a 13.30 h., e de 17.00 a 19 h.)

Por correo electrónico: escolatempolibrefervenza@gmail.com

Escola de T.L. “Fervenza”

CIF: G-36.211.399

Recoñecida oficialmente pola

Xunta de Galicia co Nº G-14.

Tfno.: 606321636

Web: http://fervenza-etl.jimdosite.com

E-mail: escolatempolibrefervenza@gmail.com