Curso gratuíto e en liña “Robotic Process Automation”

Generation Spain e Verizon ofrecen un curso gratuíto e en liña a nivel nacional chamado Robotic Process Automation.

Este curso pretende desenvolver un coñecemento no ámbito dos sistemas de automatización de procesos para implementar sistemas de software intelixentes nas empresas, é un programa enfocado ao emprego, no que o candidato adquirirá todas as habilidades técnicas e profesionais necesarias para incorporarse a un equipo de automatización de procesos.

Requisitos: ter entre 18 e 36 anos e estudos mínimos de Formación profesional superior ou Universidade.

A duración do programa é de 14 semanas nunha modalidade virtual e adquírese un diploma ao finalizar a formación.

https://spain.generation.org/nacional/robotic-process-automation